jueves, 11 de abril de 2013

Teño morriña

Teño moita morriña, das xentes, dos lugares, do fogar.

Teño morriña dos cantos das javiotas, dos cans de palleiro, dunha boa "Estrella Galicia", das patacas de Coristanco e do polvo de Arzúa, Melide, Viveiro e Padrón; das empanadas (con paus), dos mexillóns de batea, do arros con leite, e do cheiro do mar cando baixa a marea.

Morriña da Curota, San Alberto... (Aloia e Santa Tegra tamén), da Festa da Dorna e do Albariño, do San Roque de Villagarcía, e de Palmeira da praia da Corna; do tenis; e da lus que da o faro da Torre de Hércules.

Un biquiño moi jrande.

¡Son un morriñento!


P.D. se admiten comentarios...

2 comentarios:

  1. Donde queira que vaias sempre encontras a un morriñento da nosa fermosa Galicia .Así somos os galegos uns enamorados da nosa terriña.

    ResponderEliminar
  2. Xa sabes, o Santa Tegra ten as mellores vistas, pero o Aloia é moito mellor monte, ainda que as vistas dende a cruz do Aloia ten moi bos recordos, e un vídeo para alguén moi moi especial.

    ResponderEliminar