sábado, 27 de octubre de 2012

Carta de un Marinero

Carta dun mariñeiro:


Hola, ando ben, a travesía coma sempre, ás veses chove ás veses non. Oitras veses hai vento, pero lojo para. O sol, se da, quenta, si non da, non queima. Non me dijas que son jallejo, ou dimo, e ijual.

Polo Mediterráneo sobrevivindo ós piratas da "Jet", polo menos non esmendrellamos "a chalana" fasendo "un Concordia". Seica ó probe tipo jodéuselle o escandallo; ou o que tiña era de cajar entre o millo, ou unha merda de carallo, coma una merda espichada nun pau.

Ajora vamos rosando as Canarias, xa cheja o sol que parese lume, disque e bo para a fotosíntesis; macho, qué "tenología" no falar. Hay balanse, pero bueno, a máis de media campaña balanse haino que faser, para ver como van a cousas. Eu parese que as teño todas ber amarradas.

Á volta pra a casa, ando contento coma un cuco. Virá a rula (paloma brava) primeiro, a ver si a paloma trae boas notisias. A min como si veñen javiotas, pero quérome ir. Como di o refrán, javiotas a terra, mariñeiros á merda. Mellor deixamos á paloma, que si javiota non ven, aquí me quedé. Falando de javiotas, non sei como carallo fan para cajar negro sobre blanco e blanco sobre nejro.

Por sierto, a javiota do pepé disque xa nin caja, debe ser pola austeridá. E a rosa do pesoe xa e un toxo seco.

O conto este, o mamotreto, vai para Nixeria, lujar cheo de piratas, corsarios, bucaneros e filibusteros... ah! faltan os tonechos e fasemos a festa enteira!

Un abraso curmán.
Xa nos veremos na terra dos catarros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario