Hola neniño.
Moitas FELICIDADES ante todo que moito me erro ou andas de cumpreaños... ¡CARCAMAL!
Seica foi onte pero coma en Canarias andamos co da hora menos sempre retrasados pois xa teño excusa; vin eiquí a pasar uns días, pero chove coma na nosa terra. Por donde ando chove hoxe chuzos de punta, hay palmeiras, e parece que estoy en... ¡Palmeira!
Chove tanto que se vai a multiplicar a producción de platanos, e disque os van a cambiar porlas uvas para fin de ano, supoño que pelados.
Espero que o pasaras ben no teu día no barco. Non sei como se celebra en alta mar, se te tiran pola borda para que fajas unha "bomba", ou che fan unha tarta de peixe e chocolate... xa me contarás...
Ti disfruta que nunca vas a ser tan xoven coma hoxe, e mañán estarás mais cansado que antonte. Jode moitas cervezas e moito viño, que penso que augardente e licor café por ahí non hay.
E o que che diga algo dislle... "cada can que lamba a súa pirola", e a seguir bebendo, que hai que purificala alma, que a tes chea de salitre, e co vento tela apafocada.
¡Eu ando na llama "Joe"! con licor de plátano hasta as orellas, a ver se non prende o Teide con lume que levo no corpo.
Por aquí din que os galegos somos paletos, e que non sabemos facer as cousas... sólo me ven unha cousa a esta cabeza tola que teño, que "sempre fala a merda que máis cheira".
Un biquiño moi jrande.
¡Vai a modo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario